sábado, 22 de enero de 2022

ANDRE BRETON, Arcano XVII

 

"Melusina tras o berro. Contemplo baixo o busto de Melusina as súas escamas, brillando no ceo de outono [...] Melusina é en verdade a súa cola marabillosa, dramática, perdéndose entre os piñeiros da lagoa que por alá adquire a cor e o fío dun sabre. Si, é a muller perdida, a que canta na imaxinación do home [...] a muller na súa totalidade e non obstante é a muller tal como é hoxe en día. A muller privada da súa porción humana, prisioneira das súas raíces, tan versátiles como se queira, pero en comunicación, grazas a elas coas forzas elementais da naturaleza."

 André Breton; Arcano XVII
 
 
 
 
(...) “O primeiro berro de Melusina foi como un ramallete de fentos comezando a quebrarse nunha alta cheminea; foi o xunco máis fráxil rompendo as súas amarras na noite; foi, nun lóstrego, a espada quentada ao branco ante os ollos de todos os paxaros do bosque. O segundo berro de Melusina debe ser o descenso do bambán nun xardín onde non hai bambán, debe ser o brincar de caribús novos no claro, debe ser o sono do alumeamento sen dor.

Melusina no instante do segundo berro: xermolou das súas cadeiras baleiras, o seu ventre é toda a colleita de agosto; o seu torso faise esvelto no lume de artificio do seu talle arqueado, cinguido por dúas ás de bolboreta; os seus seos son armiños aprisionados no seu propio berro, cegadorers a forza de limparse a boca ouveante con carbón ardente. E os seus brazos son a alma dos regueiros que cantan e perfuman. E baixo a cavidade dos seus cabelos destinguidos, compóñense para sempre todos os trazos distintivos da muller-nena, desa variedade tan particular que sempre subxugou aos poetas porque o tempo non pasou por ela” André Bretón; Arcano XVII
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

EEA